viernes, 15 de enero de 2010

Bicos e libros

Soa un pouco a despropósito, máis ben, éo, pero é un dato: en 2009 non lin ningún libro, para ser máis exactos, non rematei de ler ningún, creo que "Chesil Beach" o lin nese ano, e se así foi, si que o rematei, sería a excepción nun ano tan pobre...

Retrotraéndonos un pouco máis, e seguindo co tema do ningún, podo afirmar que en 2008 non din ningún bico, dos apaioxados, nada, cero absoluto.

Por tanto, e para solucionar tanto despropósito, agora en 2010 non se me poden escapar nin bicos nin boas lecturas.

O segundo tema vai ben encarrilado, xa que os duendes me enviaron unha xoíña:

http://lecomptoirdelabd.blog.lemonde.fr/2009/11/09/la-gifle-blast-de-manu-larcenet/

O primeiro non depende só de min, pero si en parte da miña actitude, así que "il faut changer".

sábado, 2 de enero de 2010

Fin de ano 2009, repaso....

Renovei a miña coraza de inseguridades.

Merquei un amante para os meus soños.

Rin, aínda que pouco, creo.

Chorei, moito, a mares, a torrentes, a diluvios.

Encollín, medrei, ensancheime a alma.

Saquei afóra o corazón para ventilalo...
volvino meter para esperar,
que pasa,
por se grita ou fica calado...

Adiqueime a facer bauliños
nos que esconder a tristeza,
disfrazala de regalo envolto en celofán,
que ao abrilo se vai e desaparece,
convértese en sorriso nervioso
e en ausencia calada...