miércoles, 19 de mayo de 2010

Precisaría de roubar unha vida máis....

.... que esta que emprego non quere encherse de nada do que hai...
salvo notas musicais, salvo ansias de pechar os ollos durante horas acunada por unha voz...
precisaría de roubar unha vida... para poder adicarlle a miña á cantarlle...

sábado, 15 de mayo de 2010

Vulnerabilidades...

"A veces" deuse conta un día,
de que non era valente.
Constatou canto de certo había naquel dato, naquel feito, naquel adxectivo deshonroso.
Pasara a vida coméndoa a bocadiños, pequechos,
pasaba os días aspirando o aire a bocanadas,
outros, era pequena, pequeniña, outros non se vía,
pero volvía saír, e ás veces, recibía unha labazada,
que a sentaba no seu sitio,
pero aínda non sabía, nen tan sequera intuía, que non era valente.
E que esa realidade se convertira nalgo tan certo e tanxible so tivo unha consecuencia,
que "A veces", ás veces, precisaba de máis aloumiños que calquera outro ser que pisara o mundo, o seu mundo. Que ás veces, "A veces" precisaba de tódolos aloumiños.
E aí, deuse conta doutro punto, doutro pequeno buratiño, que ás veces, "A veces" era moi egoísta...

sábado, 8 de mayo de 2010

Re-confortante

Ver que esta noria dá e dá e dá voltas,
que os círculos teñen iso,
que sempre acaban chegando a un principio.
Que reconfortan conversas,
lágrimas a destempo, ou non.
E que che digan: se cho confío é porque sempre te vin forte,
perdóame porque non sexa así.
Que faría eu para ter sempre esta pel tan pouco dura,
que entre os poros se escapan tantas sensacións
e sentimentos?
Pero que ben senta e como re-conforta, que ás veces che digan que se deron conta...