Creo que non é algo tan común e cotián na maioría dos seres,
creo.
Pero en min si, pasei tantos anos incapacitada para soltar un "quérote" que, a pouco que dixen o primeiro comezaron a saír todos en ringleira e a borbotóns, ordeados e atropelados, coma esta cabeciña.
Pero sempre medidos, non gratuítos.
Quizáis a maior fortuna é ter a quen dicirllos, porque significa que, algunha vez, algún cae despistado cara min.
Pois si, a ti, que sei que me estás lendo, que o saibas, que te quero, os que o sabedes, sabédelo, e iso a min faime feliz!!
E por iso vai esta canción...
Onde non hai nome para as estrelas nen memoria para as lembranzas. Un endroit où il n'y a pas de nom pour les étoiles, ni mémoire pour les souvenirs...
miércoles, 24 de febrero de 2010
viernes, 5 de febrero de 2010
Pequenos pasos
Hainos que avanzan a zancadas, coma se o tempo fose algo que hai que deixar atrás
e hainos que se aferran ao tempo, a calquera tempo, a calquera ubicación que dea calor, que resulte familiar, aínda que non sexa o mellor, hainos que avanzan a pequenos pasos, tan, tan paseniñamente que se van quedando rezagados, os últimos da ringleira, os que se van esquecendo... un pasiño, dous, tres... e así vai caendo un aniño, dous, tres, catro,... que máis dá cantos van se seguimos igual.
No mundo dos pasiños todo pode cambiar, porque podes dar un pequeno chimpo, sucede cando todo se volve do revés, cando nada ten sentido, cando tan pouco retroceso te fai sentir a cousiña máis pequena do mundo, cando o baleiro se abre famento ante ti... Sucede cando xa non só tes a certeza de que hai que cambiar algo, senón que ademáis queres facelo, queres avanzar!!
Sucede que te perdes na voráxine do non pensar, sucede que te volves a atopar, sucede que, por unha vez, comezas a tomar consciencia de "ti", de "eu", sucede que volves comer, volves dormir..... dun tirón!!
Suceden tantas cousas!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)