viernes, 5 de febrero de 2010

Pequenos pasos

Hainos que avanzan a zancadas, coma se o tempo fose algo que hai que deixar atrás
e hainos que se aferran ao tempo, a calquera tempo, a calquera ubicación que dea calor, que resulte familiar, aínda que non sexa o mellor, hainos que avanzan a pequenos pasos, tan, tan paseniñamente que se van quedando rezagados, os últimos da ringleira, os que se van esquecendo... un pasiño, dous, tres... e así vai caendo un aniño, dous, tres, catro,... que máis dá cantos van se seguimos igual.
No mundo dos pasiños todo pode cambiar, porque podes dar un pequeno chimpo, sucede cando todo se volve do revés, cando nada ten sentido, cando tan pouco retroceso te fai sentir a cousiña máis pequena do mundo, cando o baleiro se abre famento ante ti... Sucede cando xa non só tes a certeza de que hai que cambiar algo, senón que ademáis queres facelo, queres avanzar!!
Sucede que te perdes na voráxine do non pensar, sucede que te volves a atopar, sucede que, por unha vez, comezas a tomar consciencia de "ti", de "eu", sucede que volves comer, volves dormir..... dun tirón!!
Suceden tantas cousas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario