miércoles, 24 de marzo de 2010

Valores

Conversa, apoios, risas, orellas abertas.
Iso gústame na xente.
Tesituras, non, gracias.
Quitarme aire, non, tampouco.
Podo ofrecer o que aquí hai, á vista está, non escondo nada porque os meus bolsillos levan rotos moito tempo.
E non penso coselos.
As pedras dos zapatos son asunto meu,
aínda que ás veces me gustaría xogar a intercambialas
a tiralas lonxe, ou preto, e coller outras, encántame ter pedriñas, e xogar con elas cos dedos...
Non me importa borrar direccións,
nen coller outras.
Si que me importa que me lastimen, que me doian, que me poñan un NON á espalda,
e polas veces que eu o fixera podo pedir perdón en mil ocasións.
Para quen non quere oír, que mellor que unha canción, unha canción para xordos... e isto non é tristeza, nin mala leche, é pensar, do verbo pensar, que é o que se fai cando non se fai nada...


miércoles, 10 de marzo de 2010

Xogos malabares

De noite, o subconsciente xoga comigo
Xogamos cos pensamentos do día
Pero a noite fainos distintos, á noite discorren na almofada
e fanse grandes, moi grandes
De noite xogamos aos malabares
A discorrer en mundos paralelos
Onde todo pode pasar
e onde nunca pasa nada

De noite podería conquistar países
conquistar mundos
conquistar persoas

mudar de pel
de ollos
de pés

voar
correr
matar
amar...