miércoles, 24 de marzo de 2010

Valores

Conversa, apoios, risas, orellas abertas.
Iso gústame na xente.
Tesituras, non, gracias.
Quitarme aire, non, tampouco.
Podo ofrecer o que aquí hai, á vista está, non escondo nada porque os meus bolsillos levan rotos moito tempo.
E non penso coselos.
As pedras dos zapatos son asunto meu,
aínda que ás veces me gustaría xogar a intercambialas
a tiralas lonxe, ou preto, e coller outras, encántame ter pedriñas, e xogar con elas cos dedos...
Non me importa borrar direccións,
nen coller outras.
Si que me importa que me lastimen, que me doian, que me poñan un NON á espalda,
e polas veces que eu o fixera podo pedir perdón en mil ocasións.
Para quen non quere oír, que mellor que unha canción, unha canción para xordos... e isto non é tristeza, nin mala leche, é pensar, do verbo pensar, que é o que se fai cando non se fai nada...


2 comentarios:

  1. Se por mi fora, Aniña, a túa espalda soamente estaría cargada de "síes".
    Quérote muito, e quérote ben...
    Bícote den de aquí, mentres non poida bicarte máis de preto.

    ResponderEliminar
  2. E eu a ti corazón!!!
    Un muaca viaxeiro: norte-sul: muaaaaaaaaaaca!

    ResponderEliminar