lunes, 25 de octubre de 2010

Palabras que soan.

Perdón.
Unha pequena palabra para poder durmir ben.

NO me apetece

Nin levantarme, nin sentarme.
Maquinando como de asquerosas serían (outra vez) as navidades, que xa falta pouco, que se acaba o ano xa sen darnos conta.
Se soa, se acompañada, maquinei as navidades coma un momento de raspa de sardiña compartido coa mica, quen senón.
Que cando un barco naufraga, fai augas por todas partes, e creo que son a primeira en tirarme, coma unha rata.
Pero cando levas tantas veces e tanto tempo no puto barco cheo de parches chegas a un punto en que nin sabes que é o que che apetece.
E hoxe non me apetece nada, pero tampouco me deixa de apetecer nada.
Salvo estar triste. Ou tonta.

Ou gritar, creo que é o que quero, gritar e escapar ben lonxe.

Pero estou cansa, cansa, cansa, cansa, de loitar con aspas, o Quixote, ao meu lado, un puto aprendiz.

lunes, 18 de octubre de 2010

Extra-límites

Unha hora depois de tentar albiscar na escuridade algo
De berrar, de chamar, de chorar,
De sentir moverse as follas, as árbores, rápido,
Correr entre a escuridade, escapar.

Ter medo, todo o medo do mundo.

Chorar.


E rematar sentindo tanto frío que teño a impresión,
espero que só iso,
que nunca poderei sentir nada, que cada vez máis frío e máis valeiro.
Pero non pode ser doutra forma.