lunes, 26 de julio de 2010

Patas arriba!!

Descubrín que me late o corazón

Pum pum __ Pum pum

Descubrín que non para aínda que ás veces o crea

Que estou viva

E lunares novos, orfos de aloumiños

E que sigue...

Pum pum __ Pum pum

Alerta para quen o queira escoitar...

viernes, 23 de julio de 2010

Estou? Son?

Crises de ausencia, rotundas e profundas... non sei que facer con elas, se acostumarme ou que elas se acostumen a min...
pero hoxe... esforzarme en lembrar que día era
que fixen onte
que fixen hoxe
que deixei sen facer
non pode ser!!!
Ás veces penso que o que creo medio minuto... son ausencias de miles de anos.

viernes, 16 de julio de 2010

End Time Ballads

Escoitar música, a calquera hora e en calquera recuncho e lugar, e descubrir mundos sonoros, navegar por eles, esquecerse da corporeidade.... como me gusta escoitar música....
E agora recibo un puñetazo na boca do estómago, anonadada, ante a incredibilidade musical que me dan Crippled Black Phoenix, se me din que existen non o creo, tiven que descubrilos así sen querer.... e deixarme arrastrar polas súas baladas da fin dos tempos, que adecuadas e que curioso para estes tempos que corro...

Definitivamente, por cousas como esta, merece a pena estar aquí:

viernes, 2 de julio de 2010

Indefinida...

Véxome borrosa,
dende fai tempo, esvaída...
Nerviosa, amnésica,
angustiada...
Dende fai tempo estas paredes que non sei que teñen
cáenme seguido sobre os ombros
pesan, e pesan...
Dende fai tempo que non sei quen son
e que non quero nada.
Triste, cabizbaixa, acomplexada
esquecín o meu sorriso.
Indefinida, in[auto]comprendida...
vai e peto contra os cristais destas paredes,
coma se así saíse a algún sitio...