viernes, 2 de julio de 2010

Indefinida...

Véxome borrosa,
dende fai tempo, esvaída...
Nerviosa, amnésica,
angustiada...
Dende fai tempo estas paredes que non sei que teñen
cáenme seguido sobre os ombros
pesan, e pesan...
Dende fai tempo que non sei quen son
e que non quero nada.
Triste, cabizbaixa, acomplexada
esquecín o meu sorriso.
Indefinida, in[auto]comprendida...
vai e peto contra os cristais destas paredes,
coma se así saíse a algún sitio...

No hay comentarios:

Publicar un comentario