Vai de límites
De excesos
De nonpodomáis
De siquepodo
De baleiros
De chimpos
De caprichos
De afogos
De olladas
De ansiedade
De ques e porques
De candos e dendecandos
De atacandos
Ás veces toca revisión desesperada de que cona fago coa miña vida
(Supoño que non serei a única en facelo)
Onde non hai nome para as estrelas nen memoria para as lembranzas. Un endroit où il n'y a pas de nom pour les étoiles, ni mémoire pour les souvenirs...
miércoles, 9 de septiembre de 2009
miércoles, 2 de septiembre de 2009
Tanto mirar, tanto mirar...
Peco de observadora, miro tanto, tantas veces, tantas cousas e a tanta xente que algún día tocaba que se volvera na miña contra...
E agora eres ti, que me miras insistentemente, ansiosamente, continuamente, cando veño, cando vou, cando volvo a marchar, mírasme dende a profundidade dos teus ollos escuros, a túa pel escura o teu cabelo escuro...
Mírasme cando pasas por diante, cando paso eu, con descaro, con intención, estou a punto de collerte, darche as gracias e pedirche que non me mires tanto, que non hai nada que ver, que non quero!!
E todo porque te mirei unha vez cando estabas sentado na barra do bar, mireite tanto e sen querer que.... non debín xa o sei...

Suscribirse a:
Entradas (Atom)