Peco de observadora, miro tanto, tantas veces, tantas cousas e a tanta xente que algún día tocaba que se volvera na miña contra...
E agora eres ti, que me miras insistentemente, ansiosamente, continuamente, cando veño, cando vou, cando volvo a marchar, mírasme dende a profundidade dos teus ollos escuros, a túa pel escura o teu cabelo escuro...
Mírasme cando pasas por diante, cando paso eu, con descaro, con intención, estou a punto de collerte, darche as gracias e pedirche que non me mires tanto, que non hai nada que ver, que non quero!!
E todo porque te mirei unha vez cando estabas sentado na barra do bar, mireite tanto e sen querer que.... non debín xa o sei...
PUES AHORA SÉ CONSECUENTE!!!
ResponderEliminarLOS QUE OBSERVAMOS CON ESE DESCARO(ME INCLUYO)DEBERÍAMOS USAR GAFAS DE SOL INCLUSO DE NOCHE.
Xa tentei amañar o embrollo no que me metín sen querer, cando che conte a historia vaste rir... e todo porque de mañá estou tan durmida que vexo homes guapos onde non os hai e.... un lio....
ResponderEliminar