Esta semana volvino facer despois de moito tempo: tentar volver a collerlle cariño a todo isto...
Se o mundo interior está patas arriba e o exterior tamén.... pois iremos ao fácil, darlle a volta ao exterior... e veña a cambiar a cama de sitio... ás 2 da mañá (que hai costumes que non cambian).... pero, curiosamente, dende esa parece que durmo mellor (que non é o mesmo que moito).
E a pequena maulladora do meu carón ten estes días unha cara máis serea... eu creo que a miña cara non é o espello da miña alma, non, a miña mica é un espelliño da miña alma!
E o outro día, nestas 2 da mañá que non hai bicho que durma, volvín facer aquelo de: abrir a fiestra, despaciño, que nesta praza retumba até o voar dunha mosca; coller o chisqueiro, acender o pitillo (non me apetecía, pero era unha excusa)e mirar esta paisaxe privilexiada, que ninguén se pode imaxinar, estas non-vistas ao mar, non, son vistas a un bosque de pedra, de edificios silenciosos, centenarios, calados, sereos, tranquilos... se me fixo, incluso podería ver algunha fiestra veciña chiscarlle o ollo á miña.
Que bonita, non me canso de repetilo, que bonita a vida dende a miña fiestra!