lunes, 9 de agosto de 2010

Lazos

Que non sei que pasa con eles, que se me atan e desatan
Que este ano corre tanto, con tantas cousas (raras)
E moitos lazos desatados
E outros que se fixeron fortes
E outros que están aí, que con sorpresa nin sei de onde saen
Lazos de moitas cores
Lazos que fago cada día, oito horas adicada

Que o único certo é que hai un andazo
Era a única excusa que se me ocorreu hoxe ao teléfono:
"Creme, isto é un andazo, e o primeiro é non deixarse fundir con el".

Se as miñas teorías nunca foron tan erradas, e isto dos anos pares é unha falacia, total, absoluta.... até que me enfade de verdade e lle dea a volta a todo.

Pero hai cousas que.... non vale dicir que somos infelices de seguido... hai veces que para moita xente o difícil, realmente difícil é ser feliz.... e aquí é cando, pequeniña ao verme neste mundo de maiores, me digo que teño que ser forte e axudar cos meus lazos a estes que me rodean...

No hay comentarios:

Publicar un comentario