jueves, 1 de octubre de 2009

Outubro.

1 de outubro.
Calor e sandalias.
E boteite de menos.
Outra vez.
Debatinme entre caer por abismos
ou deixarme estar.
Elixin a opción cabal para logo,
inmediata,
arrepentirme.
Porque sempre me arrepinto do que fago e do que non.
Outubro confundido, que ti eras o mes das nubes grises, onde vas?
Acaso acompañas esta miña cabeciña que tampouco sabe onde?

1 comentario:

  1. a onde irán os pensamentos que non se contan...
    a onde irán as cousas que íamos facer e non se fixeron...
    a onde iremos cando xa cheguemos ao que esperabamos.

    ResponderEliminar