Renovei a miña coraza de inseguridades.
Merquei un amante para os meus soños.
Rin, aínda que pouco, creo.
Chorei, moito, a mares, a torrentes, a diluvios.
Encollín, medrei, ensancheime a alma.
Saquei afóra o corazón para ventilalo...
volvino meter para esperar,
que pasa,
por se grita ou fica calado...
Adiqueime a facer bauliños
nos que esconder a tristeza,
disfrazala de regalo envolto en celofán,
que ao abrilo se vai e desaparece,
convértese en sorriso nervioso
e en ausencia calada...
Tu n'as pas le droit. Gros gros bisous. Je pense à toi.
ResponderEliminarBoh, xa o sei, era un repaso de moitas cousas xuntas, incluíndo o sempre impertinente "L'amour" ou a falla del... jejeje!!
ResponderEliminarGracias apa!!
Je pense aussi à toi!! :)