sábado, 12 de enero de 2013

Dousmiltrece.

Un impar.
Nos anos impares pasan cousas importantes (boas, positivas, cambios):
Fai dous anos dixen bye, bye, á ludopatía e a toxicidade familiar. Coñecín un sol.

Un par.
Nos anos pares pasan cousas importantes (e malas, negativas, e cambios):
O que acaba de irse quitoume o que máis quería.
 Pero tamén acabei aquelo que comezara.
Reafirmeime en desprezar o que non me valora.
Sufrín o medo da incertidume, o paro. 

Dousmiltrece. Impar.
Seguirei botando de menos a quen se me foi.
Seguirei mirando cara adiante.
E agora fago cousas, aprendo a querer (me), asóciome, organízome, e vou pechando portas (aínda que moitas queden inevitablemente atrancadas nos meus múltimples pasados).
A equipaxe física é cada vez máis lixeira. A tristura sempre seguirá, a tristura da perda dunha "familia", a tristura do seu tan imposible retorno, a inevitable tristura por soportar malas caras e silencios.
Pero é un ano no que me dispoño a poñer algún nome e a dicir algunha verdade en alto: meu pai é ludópata, miña nai desquiciada, aparcados na súa enfermidade, pechados na súa mentira. A miña familia, un deslabace. E o meu dousmiltrece unha chea de eslabóns buscando toda a forza deste ano impar, para saír adiante.

E a fortuna do meu ser é a marabilla que me acompaña.

2 comentarios: