A ver se o sortilexio surte efecto....:
Lembro unha tarde en Bonaval, o sol entre as rendixas das árbores, e todo dozura...
Un amencer, e o sol, caprichoso, tentando saír da escuridade e tinguindo o ceo de cores...
O silencio e o ruído dalgunha tormenta de verán, a calor mesturada co arrecendo a terra mollada.
Aqueles cafés cortados a diario.
O tacto dunha pel suave.
Bicos de bolboreta.
E momentos de felicidade nos que faciamos metáforas ridículas ("Parece que comiches unha cuchara")
Un paseo por Pontevedra, un café longo no Parador e confidencias.
Un paseo por Tui, o frío xélido daquela catedral e o contraste coa calor da terraza.
Unha escapada pola beira do río en Allariz.
Unha pinta en Dublín, pés mollados, debuxos de Munch.
Raios de sol no Costa Vella, cafés con Baileys...
Paseos ao Pedroso, polo Carme de Abaixo.
A Fraga das Vigas, perdida nos confíns do Cadramón...
Un tren a Vevey, o borde do lago, camiñatas sobre tacóns, parques verdes, e máis cafés, e máis conversas...
O meu lugar segredo preto do río, aquela ponte, aquel regueiro...
Os abrazos
E máis bicos de bolboreta....
Descubrir a Magritte e botar unha lágrima...
Unha canción que che fai botar dúas... Buckley... Auerbach....
No hay comentarios:
Publicar un comentario