Curiosidade, ou non... pero resúltame curioso este mundo de avanzados que formamos, tecnoloxía punta e todo listo en medio minuto, tan listos, tan progresados, tan relucientes que somos...
Que cen anos atrás non tiñamos nada, 200 antes, menos... pero había xente que se adicaba a pensar, a cultivar as artes a diseccionar o interior do ser humano.
Agora tamén, pero agora mellor vive o que se adica a facernos evolucionar tanto e tan rápido... tanto, tanto, tanto... que erupciona un volcán e se para medio mundo.
A min faime curiosidade, ou gracia, ou pena, isto antes non pasaba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario