viernes, 30 de abril de 2010

Que mil cousas....

... non me collen no peito, ou me ensancho e me divido ou me encollo e me escondo.
Que se non respiro, o corazón corre máis do debido, me esquezo,
me borro, como a metade desta entrada, que acabo de borrar sen querer,
olvidando a metade do escrito.
E volvo a non respirar, a correr, a maldurmir,
a esquecerme outra vez.
A tentar agarrar este corazón que corre tres pasos diante de min,
e ás veces bota carreiras que non hai quen llas gane.
Que me ensancho, fóra do renglón, e me encollo, onde non haxa ninguén.
Que me perturbo, me turbo, me obceco e obtuso,
e ao revés tamén.
Que son un oposto e un igual na mesma persoa.
Que me digan a min que pasa con esta primavera, que a min me senta mal, creo que alguén me rouba as bensensacións que debería ter, que me tocan os pelos coma escarpias, os buratos na barriga, as respiracións apuradas, os todos e os nadas, xuntos, á vez, que non hai quen os aguante.
Que regalo sensacións, cansancios e formigueos, e coloretes, e calores e atropelos, e que, sobre todo, regalo os esquecementos, os olvidos, e os meus mecheros e o meu tabaco, os meus pasos, os cordóns dos meus zapatos, as pedras, a debilidade dos meus xeonllos, a caída dos meus ollos, teño moito para regalar e non pido a cambio, salvo abrir a boca e respirar de cheo, incharme de aire até o infinito, e regalar suspiros.

2 comentarios:

  1. :)nunca,nunca,nunca hasta ahora,había leído tan bonita prescripción de un síntoma,que padecemos tod@s en mayor o menor medida,alguna primavera ;)
    GREAT!!!DARLING!!

    ResponderEliminar
  2. Aiii, gracias, saiume da alma, foi un arrouto... estou colorada con que me digas iso :)

    ResponderEliminar